Rafa Domínguez recibe ao piragüista Jaime Duro despois de proclamarse subcampión do Mundo no C1 5.000

22/09/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este martes no Pazo provincial ao piragüista Jaime Duro tralo seu éxito no pasado Mundial de sprint de Poznan, onde reeditou o segundo posto que xa conseguira o pasado ano en Milán no C1 5.000 metros. O vicepresidente provincial felicitou ao deportista polos éxitos acadados neste 2026, no que tamén celebrou un ouro e un bronce no Europeo de Maratón e un oro na Copa do Mundo de Szeged, entre outros.

Galerias de imagenes