Rafa Domínguez recibe os pontevedreses da Selección Galega no Campionato de España 3x3 de Baloncesto
26/06/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este mércores no Pazo provincial os deportistas pontevedreses que xogaron coa Selección Galega no Campionato de España 3x3 de Baloncesto de Seleccións Autonómicas que se disputou a pasada fin de semana en Melilla. Domínguez tivo a ocasión de felicitar a Antonio Rodríguez e a Fernando Fariña, ambos os dous do Estudiantes Pontevedra, campión en U13 masculino e subcampión en U15 masculino respectivamente, e a Noa Méndez, do CAB Pontevedra, que participou no U13 feminino.


