A Deputación confirma que, con máis de 10.500 visitantes, “A era das fábulas” é unha das exposicións do Museo de Pontevedra de maior éxito

Pontevedreses e visitantes déronse cita esta mañá na praza da Peregrina para amosar a súa creatividade a partir de obras de “A era das fábulas”

30/08/2024

Rafa Domínguez visita a actividade Arte na rúa da A era das Fábulas

A Deputación confirma que “A era das fábulas” é unha das exposicións máis visitadas do Museo de Pontevedra. Desde a súa inauguración o 10 de xullo a mostra foi xa visitada por un total de 10.622 persoas co que, a pesar de que aínda falta un mes para que se peche, é xa unha das de maior éxito nos últimos anos.

A exposición, que se pode visitar ata o 29 de setembro no Edificio Castelao, establece unha conversa entre as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove (FMJJ) e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary. A mostra, comisariada por Susana González, Chus Martínez e Ángeles Tilve, vira ao redor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade. A plasticidade das fábulas e os contos permite preservar identidades culturais e imaxinarios populares, conectarnos coa natureza e estimular a imaxinación a través de animais, plantas e seres fantásticos, converténdoos en canalizadores de sabedoría. A arte, do mesmo xeito que estes, ofrece a versatilidade para ser reinterpretada e reimaxinada ao longo do tempo, brindando perspectivas sobre a natureza humana, animal e vexetal e respostas imaxinativas a desafíos contemporáneos.

No marco da exposición, o Museo de Pontevedra levou esta mañá a fantasía da exposición ‘A era das fábulas’ á praza da Peregrina da capital provincial. O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, asistiu á actividade na que durante dúas horas persoas de todas as idades amosaron a súa creatividade pintando con óleo, pastel, rotuladores e outros materiais, as súas versións libres de Vasili Kandinky, Manuel Moldes e Inês Zenha, presentes na exposición do Museo. “Queriamos poñer en contacto a cidadanía coa arte e, para nós, é unha satisfacción ver como a xente enche esta praza da Peregrina de talento, como colle algunhas das obras emblemáticas de ‘A era das fábulas’ e desfruta da arte”, asegurou Domínguez.

A actividade, aberta a calquera persoa que se achegase ata a praza, permitiu a cidadáns e visitantes interpretar a súa visión sobre obras emblemáticas de tres artistas moi diferentes: Kandinsky, un dos artistas máis influentes da arte de vangarda europea do século XX; o pontevedrés Manolo Moldes, que nos deixou fai xa sete anos; e a artista emerxente Inês Zenha, portuguesa residente en París. As persoas participantes traballaron sobre lenzos que ao final da actividade puideron levar para a súa casa.

Outras actividades relacionadas

Ata o 26 de setembro, o Museo organiza cada xoves, ás 18:00 h, unha visita guiada á exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’. As visitas, a cargo do equipo de Educación do Museo de Pontevedra, son de balde e para asistir non é necesaria a inscrición previa. Ademais, é posible concertar visitas para grupos noutro horario escribindo a educacion.museo@depo.gal.

Nas mañás dos sábados 14, 21 e 28 realizarase unha serie de talleres en familia arredor da exposición, a cargo de Taller Abierto. Finalmente, o 25 de setembro, na última semana antes do peche da exposición, celebrarase un seminario con conferencias e mesas redondas ao redor dun dos temas tratados en ‘A era dás fábulas’: a relixiosidade popular, os exvotos e outras ofrendas.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":11635987,"groupId":"37861","name":"20241119_50-anos-dende-Tambor.jpg","alt":"conmemoración dos 50 anos da exposición de Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba na Galería Tambor de Madrid","title":"20241119_50-anos-dende-Tambor.jpg","type":"document","uuid":"0739ae94-1e2d-c6bf-6d6d-f65c1ab73900","fileEntryId":"11635987","resourcePrimKey":"11636132"}

Rafa Dominguez asiste á conmemoración dos 50 anos da exposición de Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba na Galería Tambor de Madrid

  19/11/2024

{"classPK":11287999,"groupId":"37861","name":"20240924_expomdp_rafaestevez_001.jpg","alt":"exposición A era das fábulas","title":"20240924_expomdp_rafaestevez_001.jpg","type":"document","uuid":"89f4e892-2c09-a61b-dcdc-8bbe56b8b126","fileEntryId":"11287999","resourcePrimKey":"11288365"}

Luis López celebra que “A era das fábulas” é a exposición máis visitada da historia do Museo de Pontevedra logo de atraer a máis de 14.700 persoas

  24/09/2024

{"classPK":11243136,"groupId":"37861","name":"RS8784_20240712_museo_aeradasfabulas_jphilippot_34.jpg","alt":"Visitas guiadas para as últimas dúas semanas da exposición A era das fábulas","title":"RS8784_20240712_museo_aeradasfabulas_jphilippot_34.jpg","type":"document","uuid":"ad15b84b-8ecb-67fc-7a8b-aabe2edb7091","fileEntryId":"11243136","resourcePrimKey":"11243171"}

A Deputación aumenta as visitas guiadas para as últimas dúas semanas da exposición ‘A era das fábulas’ no Museo de Pontevedra

  16/09/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.