A Deputación remata o III Programa de Crecemento Empresarial nas contornas de Vigo e O Baixo Miño

Nove empresas de Cangas do Morrazo, Gondomar, Ponteareas, Tomiño e Vigo levan tres meses participando nunha iniciativa de SmartPeme+ para apoiar proxectos en fase de crecemento que buscan consolidarse e mellorar a súa competitividade

07/01/2026

III Programa de Crecemento Empresarial nas contornas de Vigo e O Baixo Miño

A Deputación de Pontevedra remata este mércores os tres meses de formación dos que se están a beneficiar os nove proxectos seleccionados para participar no III Programa de Crecemento Empresarial centrado nas contornas de Vigo e O Baixo Miño. Trátase dunha iniciativa enmarcada en SmartPeme+ que permite apoiar empresas destas dúas comarcas que se atopan en fase de crecemento e buscan consolidarse no mercado, así como mellorar a súa competitividade e sustentabilidade.

Os proxectos que participan neste programa pertencen aos concellos de Cangas do Morrazo, Gondomar, Ponteareas, Tomiño e Vigo, e son os seguintes: Infomiño Expansión 360, de Jorge Alonso Daldea; Hotel y Apartamentos Rodeiramar, de Mercedes Rodal Mallo; Cometa de menta, de Mónica Fernández Fernández; Gandería Os Bravos, de Hugo Martínez Villar; Liño e Lá, de Anahí Cachaza Valeiro; BY César Moreno, de César Augusto Moreno Rojas; Grandma Sita, de Elena Jiménez romero; Nicoletos, de Ayelén Núñez Fernández; e Leather Studio Vigo, de Antonina Kadyrova.

Tralo remate do programa celebrarase unha xornada de presentación dos proxectos, na que se premiará a mellor iniciativa empresarial cun cheque valorado en 500 € destinado a formación especializada. O xurado valorará aspectos como a súa evolución durante o programa, o seu impacto na provincia de Pontevedra, a viabilidade do proxecto, a incorporación de elementos innovadores e a súa estratexia de desenvolvemento dixital.

As nove empresas levan recibindo desde outubro un programa de asesoramento personalizado, con asistencia a once sesións formativas nas que se abordan temáticas como o emprendemento dixital, o uso de ferramentas de deseño e tamén metodoloxías innovadoras como Lego Serious Play. Os programas comarcais de crecemento empresarial de SmartPeme+ comezaron en 2024 en Lalín coa participación de seis proxectos da Estrada, Lalín e Silleda, co obxectivo de contribuír desde a administración pública a fortalecer o tecido empresarial local da provincia.

Noticias relacionadas

{"classPK":15187316,"groupId":"37861","name":"20260416_luislopez_diaemprendemento_lalin_restevez_04.jpg","alt":"LUIS LOPEZ DIA MUNDIAL EMPRENDEMENTO LALIN COLABORACION DEPUTACION XUNTA AUTONOMOS","title":"20260416_luislopez_diaemprendemento_lalin_restevez_04.jpg","type":"document","uuid":"cf43bec3-37ae-8a92-cf7e-54baad4e2440","fileEntryId":"15187316","resourcePrimKey":"15187412"}

Luis López destaca alianza entre a Deputación e a Xunta para fomentar a colaboración cos autónomos, facilitar a creación de empresas e potenciar o empredemento

  16/04/2026

{"classPK":2991653,"groupId":"37861","name":"smartpeme_900x600-s-tx.jpg","alt":"Imaxe do programa smartpeme","title":"smartpeme_900x600-s-tx.jpg","type":"document","uuid":"c6ad3bb3-568a-6dfb-0e42-bf2fbdfaaaab","fileEntryId":"2991653","resourcePrimKey":"13728331"}

A Deputación selecciona os nove proxectos que participarán ata decembro no III Programa de Crecemento Empresarial que terá lugar nas contornas de Vigo e O Baixo Miño

  07/10/2025

{"classPK":13657174,"groupId":"37861","name":"20251002_ricardomartinez_emprendementolalin2.jpeg","alt":"O deputado provincial Ricardo Martínez participou na Finca Mouriscade no acto de entrega","title":"20251002_ricardomartinez_emprendementolalin2.jpeg","type":"document","uuid":"05787765-3123-b2bb-fe1f-16d8075245cb","fileEntryId":"13657174","resourcePrimKey":"13657223"}

A Deputación premia o proxecto empresarial “A Fada da Aldea”, da silledense Gloria Lareo, no marco do III Programa de Emprendemento de Lalín

  02/10/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.