Luis López anuncia a participación de Toni Nadal nos I Premios de Turismo Rías Baixas o próximo 28 de maio en Baiona

O exadestrador de Rafa Nadal ofrecerá unha conferencia centrada no liderado, a superación e as claves do éxito profesional e persoal

15/05/2026

Luis López anuncia a participación de Toni Nadal nos I Premios de Turismo Rías Baixas o próximo 28 de maio en Baiona

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres unha das novidades do encontro do sector turístico provincial, no que se entregarán os I Premios Turismo Rías Baixas, e que terá lugar o vindeiro 28 de maio en Baiona. O mandatario provincial avanzou a participación de Toni Nadal, quen ofrecerá unha conferencia centrada no liderado, o éxito e a superación.

Luis López explicou que esta cita “vai moito máis alá da entrega duns premios”, xa que o obxectivo da Deputación é reunir ao conxunto do sector turístico da provincia para seguir avanzando no posicionamento de Pontevedra como “piar turístico do norte peninsular”. Neste sentido, destacou a importancia de incorporar novas estratexias e experiencias inspiradoras ligadas ao turismo e ao deporte.

O presidente provincial lembrou ademais a estreita relación de Toni Nadal coa campaña de promoción turística da provincia deste ano, “A túa meta, o teu destino”, vertebrada arredor do deporte como elemento diferenciador do territorio. “Estamos convencidos de que a súa visión sobre o éxito e a súa experiencia profesional van ser de grande utilidade tanto no ámbito persoal como no profesional para todas as persoas asistentes”, sinalou. Luis López mostrouse convencido de que este encontro do sector turístico provincial “vai ser un éxito” e permitirá continuar reforzando a marca Pontevedra como referente do deporte e do turismo deportivo.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15392095,"groupId":"37861","name":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_03.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"61daa594-436b-5b9e-f954-3f8326b050c3","fileEntryId":"15392095","resourcePrimKey":"15392214"}

Luis López anuncia a posta en marcha dos primeiros Premios Turismo Rías Baixas para “recoñecer o papel das persoas e entidades no desenvolvemento, mellora e promoción do turismo na provincia”

  07/05/2026

{"classPK":14963851,"groupId":"37861","name":"20260320_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20260320_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"0a409ebd-42a9-224f-5a48-e714fce633e1","fileEntryId":"14963851","resourcePrimKey":"14964150"}

A Deputación obtén o primeiro recoñecemento á campaña A túa meta, o teu destino nos Japan World’s Tourism Film Festival

  20/03/2026

{"classPK":14448891,"groupId":"37861","name":"20260122_LuisLopez_FiturRiasBaixasMetaDestino_Slorenzo_portada.jpg","alt":"","title":"20260122_LuisLopez_FiturRiasBaixasMetaDestino_Slorenzo_portada.jpg","type":"document","uuid":"09db0e8b-2584-0331-4b63-6c0b35ebac6a","fileEntryId":"14448891","resourcePrimKey":"14448204"}

Luis López presenta a campaña “A túa meta, o teu destino” como un convite para “desconectar, conectar e reconectar” da rutina e descubrir Rías Baixas a través do deporte

  22/01/2026