Luis López asiste en Santiago ao acto institucional para o traspaso das competencias en xestión do litoral de Galicia á Xunta
09/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores ao acto institucional para o traspaso das competencias sobre a xestión do litoral de Galicia á Xunta de Galicia que tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Raxoi da cidade compostelana. Un agardado acordo que asinaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres.
