Rafa Domínguez felicita á AECC polos trinta e dous anos de solidariedade á fronte do seu tradicional mercadiño de Nadal en Pontevedra

12/11/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, agradeceu á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) o seu labor solidario coa organización, un ano máis, do tradicional mercadiño de Nadal, que hoxe abriu as portas da súa trixésima segunda edición no número 14 da rúa García Camba. Domínguez aproveitou a ocasión para felicitar ás persoas voluntarias que participan nesta actividade, coa que a AECC recada fondos para poder seguir dando apoio e acompañamento ás persoas doentes e ás súas familias, así como para achegar fondos á investigación.