A Deputación supervisa as obras de mellora da drenaxe e construción de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-7203 entre Soutelo e Covas, en Forcarei

A deputada de Infraestruturas Públicas e tamén alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, percorreu o tramo de preto de dous quilómetros desta estrada provincial no que a institución provincial investiu 265.000 euros

07/07/2026

A Deputación supervisa as obras de mellora da drenaxe e construción de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-7203 entre Soutelo e Covas, en Forcarei

A Deputación de Pontevedra supervisa as obras de mellora da drenaxe e construción de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-7203 entre Soutelo e Covas, en Forcarei. A deputada de Infraestruturas Públicas e tamén alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, percorreu o tramo de preto de dous quilómetros desta estrada provincial no que a institución provincial realizou melloras cun investimento de 265.000 euros.

Ao detalle, tal e como informou a deputada provincial, esta actuación, xa rematada, permitiu executar nesta estrada provincial dúas cunetas transitables no lugar de Fixó: unha de 670 metros entre os puntos quilométricos 5+400 e o 6+150 e outra de 820 metros entre os puntos quilométricos 4+850 e 5+950. Ademais, a mellora na estrada EP-7203 tamén chegou ao núcleo de Portela, onde se construíu unha cuneta transitable de formigón de 410 metros.

“Trátanse de cunetas transitables, co que ademais de mellorar a drenaxe e a conservación do firme tamén estamos a optimizar a seguridade viaria”, remarcou Belén Cachafeiro quen tamén destacou que nos tramos obxecto da actuación colocáronse novas tubaxes, executáronse arquetas e o recrecido de pozos, co fin de evitar filtracións de auga e danos ao firme.