A Deputación divulga a oferta turística das Rías Baixas da man dunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés en Xixón

A directora de Turismo, Romina Fernández, foi a encargada de presentar a oferta turística da provincia enxalzando a aposta da Deputación por unir deporte e turismo a través da campaña “Rías Baixas: a túa meta, o teu destino”, premiada en festivais internacionais de turismo de países como Sudáfrica, Francia ou Croacia

22/10/2026

A Deputación divulga a oferta turística das Rías Baixas da man dunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés en Xixón

A Deputación divulga a oferta turística das Rías Baixas no Centro de Arte e Creación Industrial LABoral, de Xixón, ata onde se desprazou cunha trintena de empresas do sector turístico pontevedrés. A directora de Turismo, Romina Fernández, foi a encargada de presentar a oferta turística enxalzando a aposta da Deputación de Pontevedra por unir deporte e turismo a través da campaña “Rías Baixas: a túa meta, o teu destino”, premiada en festivais internacionais de turismo de países como Sudáfrica, Francia ou Croacia.

Despois do éxito rexistrado en Valladolid, onde máis de 70 empresas da cidade acudiron á chamada da Deputación de Pontevedra este mércores, en Xixón foron 68 as empresas asturianas que asistiron á convocatoria da institución provincial. Fernández aproveitou a cita para facer fincapé en que “somos un destino desestacionalizado, cunha oferta completa para vivir e desfrutar os 365 días do ano. O territorio é o mesmo, si, pero moi diferente e con experiencias únicas e singulares en outono, inverno, primavera e verán”. Neste eido, a directora detívose en aspectos da oferta turística da provincia como a calidade, a gastronomía ou, entre outras cuestións, a natureza, así como remarcou o deporte como “excelente maneira de coñecer a provincia de Pontevedra” e recordou que Pontevedra e Xixón están separadas por “3 horas e media, un corto paseo en coche para descubrir que Rías Baixas é a túa meta, o teu destino”.

Entre as 27 empresas pontevedresas participantes no workshop de Xixón atopábanse Tee Travel, Galiwonders, Viajes InterRías, Galisacra, Qway Travel, CNTravel, Always Spain Incoming SL, Splainn, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Bienestar Moaña, Hotel Zenit Vigo, Hotel Villa Covelo, Hotel Ría Mar, Veiga Mariña, Alda Hotels, Pensión Rúa do Medio, A Marisma Hostal, Casa do Sear, Galicia Villas, Piragüilla Ocio y Aventura, Bodegas Terras Gauda, Amarcarril, Sailway, Amare, Julio Verne Náutica, Ruta da Sidra e a Ruta do Viño Rías Baixas. Todas elas tiveron a oportunidade de pechar acordos comerciais con 68 empresas de Xixón entre as que se atopaban Viajes La Losa, Travelasturias, Viajes La Villa, MH Travel, Nácar Viajes, IntoAsturias, Viajes Nuevo Gijón, Beiraweb, TravelLlanes, Viajes Carrefour Los Fresnos, Veroga Viajes, Azulmarino Gijón La Costa, Viajes Carrefour Luanco, Viajes Daser, Viajes El Corte Inglés, B Travel, Viajes Mariano, Estamos en Modo Viaje, Viajes El Bibio, Viajes Carrefour La Calzada, Gourmet y Viajes, Viajes Villaviciosa SLU, Viajes Alas e Elige tu viaje.

O workshop de Turismo da Deputación de Pontevedra en Xixón, presentado por Rocío Padín e coa música de Cora Velasco, contou tamén coa participación do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Durante a xornada proxectáronse vídeos promocionais para poñer en valor os atractivos turísticos da provincia e a sesión pechouse cun catering con produtos da provincia de Pontevedra e cun sorteo de experiencias turísticas e premios en colaboración coas empresas participantes no workshop.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.