Luis López confirma a activación do procedemento para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, en Marín, cun investimento de 1,2 millóns de euros

O presidente Luis López asegura que a actuación será financiada integramente pola Deputación de Pontevedra e permitirá mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos na zona que conecta as estradas EP-1202 e a PO-313

06/03/2026

Luis López confirma a activación do procedemento para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, en Marín, cun investimento de 1,2 millóns de euros

Luis López confirma a aprobación de novos recursos para as estradas provinciais con 1,7 millóns de euros para melloras en dúas estradas provinciais ao seu paso por Marín e Salvaterra de Miño. No caso concreto do primeiro concello, o presidente da Deputación confirmou que a Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente para contratar as obras e mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, onde se investirán 1,2 millóns de euros.

A actuación, tal e como explicou López, será financiada integramente pola Deputación de Pontevedra. O obxectivo dos traballos é mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos na zona que conecta as estradas provinciais EP-1202 e a autonómica PO-313. Neste eido, darase accesibilidade ao núcleo de Ruanova, onde se construirá unha senda peonil para ofrecer un mellor tránsito ás persoas e ordenar a convivencia co tráfico rodado.

“Avanzamos -asegurou o presidente da Deputación – unha semana máis, na transformación das estradas provinciais desta provincia, investindo recursos como nunca antes se fixera para alongar a súa vida útil e garantir que se encontren en condicións axeitadas de seguridade”.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.