A Deputación destinará preto de 700.000 euros á contratación das próximas dúas edicións de +Xuntas, o programa provincial para impulsar a formación das mulleres

Trátase “dun programa provincial que é xa un clásico desta casa, que ofrece cada ano 207 obradoiros para federacións e fundacións sen fins de lucro que apoien o desenvolvemento das mulleres”, asegurou o presidente provincial Luis López

20/02/2026

A Deputación destinará preto de 700.000 euros á contratación das próximas dúas edicións de +Xuntas, o programa provincial para impulsar a formación das mulleres

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a contratación para a execución do programa +Xuntas neste 2026 e no 2027, que conta cun orzamento de 690.000 euros. Un programa provincial "que é xa un clásico desta casa", como lembrou o presidente Luis López, que ofrece cada ano 207 obradoiros para federacións e fundacións sen fin de lucro da provincia que apoien o desenvolvemento das mulleres.

O pasado mes de xaneiro rematou o prazo para que as entidades solicitasen algún dos 26 obradoiros ofertados, distribuídos en catro temáticas: +Tecnoloxía, +Creatividade, +Natura e +Saúde. En cada formación poderán participar grupos de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade. Terán unha duración de 35 horas e todos eles incluirán un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.

"Seguimos dando pasos para apoiar ás mulleres, mais tamén ao tecido asociativo, ás entidades que traballan a diario para que esta provincia avance", confirmou o presidente provincial, que asegurou que, con este paso, "garantimos o funcionamento deste programa non só neste 2026, senón tamén no 2027".

Enlaces de interés

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.