A Deputación aproba máis de 160.000 € do Plan +Provincia para a mellora do camiño das Meáns, en Bueu

A actuación inclúe, ademais da extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente, a mellora da rede de recollida de augas pluviais e a renovación da sinalización

07/08/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou este venres a aprobación dunha nova axuda de máis de 160.000 € para o Concello de Bueu no marco do Plan +Provincia 2026-2027, grazas aos cales levará a cabo a pavimentación e a mellora do camiño das Meáns.

A actuación inclúe a limpeza das cunetas e as gabias do camiño, o bacheo previo con aglomerado en quente, a mellora da rede de recollida de augas pluviais, a instalación de rexas e cunetas de drenaxe, a extensión da nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quente (co conseguinte recalceamento e posta en cota das tapas de rexistro), e a renovación da sinalización do treito afectado, superior aos 500 metros de lonxitude. Tamén se procederá ao fresado do aglomerado actual no encontro do camiño cos extremos dos camiños colindantes.

“Avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou o presidente Luis López, que lembrou que os concellos teñen “total autonomía para facer realidade as súas prioridades”.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.