A Deputación aproba 96.000 euros para que Caldas de Reis adquira unha miniexcavadora para os servizos de Obras dentro do Plan +Provincia

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou o presidente Luis López

17/07/2026

A Deputación aproba 96.000 euros para que Caldas de Reis adquira unha miniexcavadora para os servizos de Obras dentro do Plan +Provincia

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno destinar 96.000 euros da liña de investimentos do Plan +Provincia ao Concello de Caldas de Reis para adquirir unha miniexcavadora compacta para os servizos de Obras.

En concreto o obxectivo e obter unha máquina polivalente que reduza os tempos de resposta ante avarías urxentes, mellore a calidade dos acabados nas intervencións urbanas e reduza a dependencia de alugueiros externos ou empresas de servizos para pequenas obras de mantemento. A nova miniexcavadora deberá ter motor diésel, sistema hidráulico de transmisión e liña hidráulica auxiliar, válvulas de seguridade contra rotura de mangueiras, cabina cerrada totalmente e acristalada con limpaparabrisas e, entre outros, estrutura protectora antienvorco, caída de obxectos.

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou Luis López.