A Deputación aproba 110.000 euros para que Cambados adquira un camión destinado aos servizos municipais dentro do Plan +Provincia

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou o presidente Luis López

17/07/2026

A Deputación aproba 110.000 euros para que Cambados adquira un camión destinado aos servizos municipais dentro do Plan +Provincia

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno destinar 110.000 euros da liña de investimentos do Plan +Provincia ao Concello de Cambados para que poida adquirir un camión para os servizos municipais.

En concreto, o vehículo estará equipado con caixa basculante e grúa hidráulica articulada e será empregado polo persoal operario dos servizos municipais para a realización de tarefas propias do mantemento e conservación de infraestruturas e espazos públicos, tales como traballos de carga e descarga de materiais, transporte de útiles e subministracións, apoio a actuacións de mantemento urbano, colocación de elementos en altura mediante grúa hidráulica, traballos de xardinería e poda, retirada de restos vexetais, así como outras actuacións propias da natureza destes servizos que requiran o uso dun vehículo destas características.

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou Luis López.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.