Luis López anuncia o reparto de 1 millón de euros do +Provincia para Crecente, Gondomar, Mos, Ponteareas e Tui

O presidente provincial detallou que ao abeiro da liña 1 Crecente recibirá preto de 90.000 €, Gondomar 400.000 €, Mos 215.000 €, Ponte Caldelas 120.000 € e Ponteareas 145.000 €, e Tui contará con preto de 140.000 € da liña 2

15/05/2026

Luis López anuncia o reparto de 1 millón de euros do +Provincia para Crecente, Gondomar, Mos, Ponteareas e Tui

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobou hoxe destinar 1 millón de euros das liñas 1 e 2 do Plan +Provincia 2026-2027 para os concellos de Crecente, Gondomar, Mos, Ponteareas e Tui. En concreto, ao abeiro da liña 1 de investimentos, Crecente recibirá preto de 90.000 euros, Gondomar 400.000 euros, Mos 235.000 euros, Ponte Caldelas 120.000 euros e Ponteareas 145.000 euros. Pola súa banda, Tui contará con preto de 140.000 euros da liña 2 de gasto corrente.

Máis polo miúdo, Crecente destinará os 90.000 € a facer fronte a achega municipal das obras de instalación de céspede artificial no campo de fútbol, un proxecto que inclúe tamén a instalación de novo equipamento deportivo (porterías, bancos, redes, marcador electrónico) e que recibira xa 500.000 € do Plan Extra. Deste xeito, a institución provincial financiará con preto de 600.000 € o 100% desta actuación.

O mesmo aconteceu co Concello de Gondomar, que acaba de recibir 400.000 € do +Provincia para cubrir a achega municipal para adecuar a vía e mellorar servizos para a creación dun itinerario peonil en Borreiros, unha actuación que ascende aos 1,3 millóns de euros e que será financiada integramente pola Deputación grazas a 900.000 € do Plan Extra 2025.

No caso de Mos, contará con 215.000 € do Plan +Provincia para as obras de mellora da contorna da igrexa de Sanguiñeda, que inclúe a recuperación para uso peonil da explanada existente fronte á entrada da igrexa. Unha actuación que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros e que se completa con 900.000 € do Plan Extra 2025 e 85.000 € que aporta o Concello.

Ao abeiro da liña 1 tamén se aprobaron 145.000 € para que Ponteareas mellore a eficiencia enerxética da envolvente e amplíe unha piscina, unha actuación cun orzamento de 1,5 millóns de euros e que tamén financia a Deputación ao 100% grazas a 1,1 millóns de euros do Plan Extra 2025. Por último, na liña 2, Tui recibe 140.000 euros para o servizo de roza e limpeza nas marxes das vías de titularidade municipal

Luis López lembrou que o Plan +Provincia 2026-2027 está dotado de 85 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos destes 85 millóns, o que fan deste o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da nosa historia”, asegurou o presidente da Deputación.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15778293,"groupId":"37861","name":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"","title":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"6a7dde36-d85e-f8fa-86f3-9381354eb9de","fileEntryId":"15778293","resourcePrimKey":"15778271"}

A Deputación aproba 190.000 euros para Agolada no marco do +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

  15/05/2026

{"classPK":15762182,"groupId":"37861","name":"20260513_ponteareas_rafaestevez_09.jpg","alt":" LUIS LOPEZ INAUGURACION ESCOLA INFANTIL PONTEAREAS ","title":"20260513_ponteareas_rafaestevez_09.jpg","type":"document","uuid":"81339dba-4efd-f838-f14f-22d49bf5c3df","fileEntryId":"15762182","resourcePrimKey":"15762198"}

Luis López celebra o impulso conxunto da Deputación, a Xunta e o Concello para afrontar o reto demográfico cunha nova escola infantil en Ponteareas por valor de 1M€

  13/05/2026

{"classPK":15392312,"groupId":"37861","name":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis López confirma que a Deputación financiará integramente a humanización da contorna histórica de San Martiño, en Moaña, con preto de 1,3 millóns de euros","title":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"a4893a4d-59d7-75bd-b22e-f8abe2d3c6e0","fileEntryId":"15392312","resourcePrimKey":"15392725"}

Luis López confirma que a Deputación financiará integramente a humanización da contorna histórica de San Martiño, en Moaña, con preto de 1,3 millóns de euros

  08/05/2026