A Deputación aproba 70.000 € para que Tui mellore o firme en vías municipais en Paramos e máis de 140.000 € para O Rosal para que afronte gasto corrente

Trátase de fondos do Plan +Provincia 2026-2027, que este ano reparte 85 millóns de euros para que concellos de menos de 50.000 habitantes poidan realizar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar persoal

31/07/2026

A Deputación aproba 70.000 € para que Tui mellore o firme en vías municipais en Paramos e máis de 140.000 € para O Rosal para que afronte gasto corrente

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno dúas achegas por valor de 210.000 euros Tui e O Rosal no marco do Plan +Provincia 2026-2027, que este ano reparte 85 millóns de euros para que concellos de menos de 50.000 habitantes poidan realizar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar persoal. O presidente provincial, Luis López, anunciou que Tui contará con 70.000 € para mellorar o firme en vías municipais na Igrexa, na parroquia de Paramos, mentres que O Rosal recibirá máis de 140.000 euros para afrontar gasto corrente.

Máis polo miúdo, en Tui procederase á reparación e mellora do firme e do drenaxe duns 410 metros de dous camiños municipais mediante tarefas que inclúen a limpeza das marxes, a mellora das cunetas, a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico, o axuste de rexistros e arquetas, e a xestión adecuada dos residuos xerados. Pola súa banda, os máis de 140.000 € que recibe O Rosal da liña de gasto corrente permitiranlle ao Concello facer fronte ao gasto de enerxía eléctrica.

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou Luis López.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.