A Deputación destina preto de 120.000 euros para os premios dos clubs de fútbol que participaron na Copa Deputación de Pontevedra
“É un trofeo que goza de enorme popularidade, que recuperamos cando chegamos ao goberno provincial e que demostra cada ano merecía a pena seguir entregando”, subliñou o presidente provincial Luis López
31/07/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobou hoxe a distribución de preto de 120.000 euros en premios para os equipos participantes na Copa de fútbol Deputación de Pontevedra neste ano 2026, tanto na categoría feminina como na masculina.
Na Copa Deputación participaron un total de 136 equipos de 54 concellos da provincia. Os gañadores foron o Club Deportivo Portonovo, en masculino, e o Valladares de Vigo, en feminino, que se impuxeron nas súas respectivas finais ao vigués Alertanavia, e ao Lóstrego CF, de Redondela. Tanto os equipos gañadores como os participantes recibiron premios que oscilaron entre os 150 € dos que só xogaron a fase previa ata os 6.150 € dos gañadores.
É un trofeo que goza de enorme popularidade, que recuperamos cando chegamos ao goberno provincial e que demostra cada ano merecía a pena seguir entregando”, subliñou o presidente provincial Luis López, que incidiu en que “non hai dúbida de que somos a Deputación e a provincia o deporte”.
