A Deputación analiza vías de colaboración coa Xunta de Galicia para apoiar proxectos de emprendemento relacionados coa agricultura, viticultura e o sector forestal

28/02/2026

Javier Tourís e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño

A Deputación de Pontevedra analiza vías de colaboración coa Xunta de Galicia para apoiar proxectos de emprendemento relacionados coa agricultura, a viticultura e, entre outros, o sector forestal. Nunha xuntanza mantida no Edificio Administrativo do organismo provincial entre o deputado Javier Tourís e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño, analizáronse as posibilidades de apoiar estes proxectos identificando as necesidades reais das persoas emprendedoras e facilitando o acceso á formación nestas materias, co obxectivo de impulsar e crear emprego, dinamizar a economía e fomentar o desenvolvemento de iniciativas ligadas ao territorio da provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.