A Deputación activa Xuventude a máis, con preto de 90 obradoiros para mozas e mozos de entre 16 e 35 anos de 46 concellos da provincia
O deputado de Xuventude, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo cos concellos beneficiarios deste programa provincial que conta cun orzamento de preto de 120.000 euros e se desenvolverá entre novembro deste ano e maio do 2027
20/10/2026
A Deputación de Pontevedra activa o programa provincial Xuventude a máis, con preto de 90 obradoiros dirixidos a mozas e mozos de 16 a 35 anos de 46 concellos da provincia. O deputado de Xuventude, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo cos concellos beneficiarios desta iniciativa provincial que conta cun orzamento de preto de 120.000 euros e se desenvolverá entre novembro deste ano e maio do 2027.
Na xuntanza, Cubela detallou os obxectivos deste programa que espallará entre tres e unha sesión formativa de 20 horas de duración para mozas e mozos de entre 16 e 35 anos de 46 concellos da provincia. En liñas xerais, tal e como avanzou o deputado provincial, trátanse de diferentes cursos que se enmarcan en tres grandes bloques: benestar e o coidado persoal, expresión artística e cultura e conexión e coidado da contorna natural.
Da comarca do Morrazo benefícianse dos obradoiros de Xuventude a máis Bueu e Moaña, en ámbolos dous concellos con dúas accións formativas. No caso de Bueu trátanse de obradoiros de seguridade básica para a mocidade (primeiros auxilios básicos e defensa persoal) e de saúde mental (autocoidados) e no de Moaña dun curso de DJ e doutro de edición de vídeo e fotografía.
Pola súa banda, nas comarcas do Deza e Terra de Montes contarán con dous obradoiros os concellos de Agolada, Forcarei, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. En Agolada haberá unha acción formativa de cociña, nutrición e mitos alimentarios e outra de saúde mental; en Forcarei un curso de seguridade básica para a mocidade e outro de edición de vídeo e fotografía; en Rodeiro un obradoiro de cociña, nutrición e mitos alimentarios e outro de iniciación á música tradicional galega; en Silleda un de saúde mental e outro de edición de vídeo e fotografía e en Vila de Cruces un de economía do fogar e outro de seguridade básica para a mocidade.
Na contorna do Salnés de de Arousa contará con tres obradoiros O Grove; con dous Cambados, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga e Vilanova de Arousa; e con un A Illa de Arousa. Cambados ofrecerá os obradoiros de seguridade básica para a mocidade e saúde mental; O Grove un de seguridade básica para a mocidade, un de edición de vídeo e fotografía e outro de cociña, nutrición e mitos alimentarios; A Illa de Arousa unha acción formativa de edición de vídeo e fotografía; Meis unha de DJ e outra de edición de vídeo e fotografía; Pontecesures un curso de edición de vídeo e fotografía e outro de deseño e creación de produtos gráficos e mercadotecnia; Ribadumia un de cociña, nutrición e mitos alimentarios e outro de DJ; Sanxenxo un obradoiro de saúde mental e outro de edición de vídeo e fotografía; Valga un de iniciación á música tradicional galega e outro de deseño e creación de produtos gráficos e mercadotecnia; e Vilanova de Arousa un de DJ e outro de edición de vídeo e fotografía.
Da contorna de Pontevedra beneficiarase de tres cursos Poio; de dous Caldas de Reis, Cuntis, Cerdedo Cotabade, A Lama, Moraña, Portas e Vilaboa e dunha acción formativa Barro e O Campo Lameiro. En Barro terá lugar un obradoiro de deseño e creación de productos gráficos e mercadotecnia; en Caldas de Reis un de DJ e outro de iniciación á música tradicional galega; no Campo Lameiro un de edición de vídeo e fotografía; en Cuntis unha acción formativa de seguridade básica para a mocidade e outra de cociña, nutrición e mitos alimentarios; en Cerdedo Cotobade unha de DJ e outra de edición de vídeo e fotografía; na Lama dous cursos de seguridade básica para a mocidade e outro de cociña, nutrición e mitos alimentarios; en Moraña de seguridade básica para a mocidade e outro de DJ; en Poio de DJ, de edición de vídeo e fotografía e outro de saúde mental; en Portas de seguridade básica para a mocidade e de edición de vídeo e fotografía e en Vilaboa de seguridade básica para a mocidade e de saúde mental.
E da zona de Vigo e do sur da provincia beneficiaranse de tres obradoiros os concellos de Arbo, Covelo e Salvaterra de Miño; de dous obradoiros Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Nigrán, O Rosal, Soutomaior, Tomiño e Tui; e dun curso Baiona, A Caniza, Mos, Oia, Pazos de Borbén e Salceda de Caselas. En Arbo terá lugar unha acción formativa de DJ, outra de edición de vídeo e fotografía e outra de seguridade básica para a mocidade; en Baiona unha de DJ; na Caniza outra de edición de vídeo e fotografía; en Covelo de saúde mental, DJ e edición de vídeo e fotografía; en Fornelos de Montes un obradoiro de iniciación á música tradicional galega e outro de edición de vídeo e fotografía; en Gondomar un de seguridade básica para a mocidade e outro de DJ; na Guarda un de DJ e outro de edición de vídeo e fotografía; en Mondariz un de edición de vídeo e fotografía e outro de cociña, nutrición e mitos alimentarios; en Mondariz Balneario un de edición de vídeo e fotografía e outro de saúde mental; en Mos un de seguridade básica para a mocidade; nas Neves un curso de edición de vídeo e fotografía e outro de saúde mental; en Nigrán un de edición de vídeo e fotografía e outro de seguridade básica para a mocidade; en Oia un de cociña, nutrición e mitos alimentarios; en Pazos de Borbén de seguridade básica para a mocidade; no Rosal de seguridade básica para a mocidade e de iniciación á música tradicional galega; en Salvaterra de Miño unha acción formativa de cociña, nutrición e mitos alimentarios, outra de DJ e outra de edición de vídeo e fotografía; en Salceda de Caselas de edición de vídeo e fotografía; en Soutomaior de seguridade básica para a mocidade e de DJ; en Tomiño de cociña, nutrición e mitos alimentarios e de iniciación á música tradicional galega e en Tui de cociña, nutrición e mitos alimentarios e de saúde mental.
