Luis López confirma a concesión de 550.000 € a 48 clubs de piragüismo, remo e vela da provincia que participan en competicións oficiais no 2025

“Se a pasada semana aprobamos 525.000 € para o deporte, nesta 550.000 €”, asegurou o presidente quen remarcou que “en só sete días temos activado recursos por valor de 1,1 M€ que demostran, novamente, que avanzamos para que Pontevedra sexa a provincia do deporte e que este é un goberno de feitos”

10/10/2025

Conferencia de prensa de Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de confirmar a concesión de 550.000 € para 48 clubs de piragüismo, remo e vela da provincia que participan en competicións oficiais no 2025. "Se a pasada semana aprobamos 525.000 € para o deporte, nesta 550.000 €", asegurou López quen remarcou que "en só sete días temos activado recursos por valor de 1,1M€ que demostran, novamente, que avanzamos para que Pontevedra sexa a provincia do deporte e que este é un goberno de feitos".

En liñas xerais, o presidente informou que os recursos para o deporte náutico medraron este ano 50.000 € con respecto ao 2024 e que serán distribuídos de xeito que 305.000 € irán dirixidos a 25 clubs de piragüismo de 18 concellos, 155.000 € a 12 clubs de remo de nove municipios e 90.000 € a 11 clubs de vela de sete concellos. As achegas, dotadas con ata un máximo de 25.000 € por entidade, permitirán subvencionar gastos federativos, de competición, de adestramento, de persoal, de material deportivo ou sanitarios.

No que respecta aos clubs de piragüismo, benefícianse das axudas provinciais ao deporte náutico o Club Náutico Umia, o Club de Piragüismo de Cambados, o Club de Mar Ría de Aldán, o Club de Piragüismo Aldán, o Club As Torres, o Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán, o Club de Piragüismo da Illa de Arousa, o Club Marítimo Tambo, o Club Tea de Mondariz-Balneario, o Club Escola de Piragüismo Poio, o Club Náutico Pontecesures, o Club Naval de Pontevedra, o Club Río Verdugo, a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, o Club Náutico O Muíño, Piragüismo Portonovo, Club Deportivo Miño, C. Kayak Tudense, Club Piragüismo Penedo, Bouzas Caiac, Club de Piragúismo Olívico, Club Kayak Vigo, Club Náutico Cobres, Club Piragüismo Vilaboa e Club Piragüismo Vilagarcía.

As 12 entidades de remo beneficiarias das axudas provinciais son o Club do Mar Bueu, Club de remo vila de Cangas, Club de remo Mecos do Grove, Club de Remo Robaleira A Guarda, Club de Remo Ría de Marín, SD Tirán, Sociedade Deportiva Samertolameu, Círculo Cultural e Recreativo de Cesantes, Club de Remo Chapela, Club de Remo de Tui, Club de Remo do Miño e Club de Remo de Vilaxoán.

Pola súa banda, son 11 os clubs de vela que reciben recursos da Deputación de Pontevedra: o monte Real Club de Yates de Baiona, o Club Náutico de Cangas, a Asociación Papaventos Kite Club, o Real Club Mar de Aguete, o Club Náutico de Portonovo, o Real Club Náutico de Sanxenxo, a Agrupación Deportiva SODIM, a Asociación de Barcos Clásicos de Vela Lixeira, o Club Marítimo de Canido, o Real Club Náutico de Vigo e o Real Club de Regatas de Vilagarcía de Arousa.

videos

audios