Jorge Cubela pon en valor a Finca Mouriscade na xornada organizada por AFRICOR nas instalacións da Deputación en Lalín

10/04/2024

Jorge Cubela xornada AFRICOR en Mouriscade

O deputado provincial de Reto Demográfico e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, participou hoxe na clausura da xornada organizada pola asociación de gandeiros AFRICOR na Finca Mouriscade, en Lalín. O deputado sinalou o compromiso do Goberno da Deputación de Pontevedra co sector primario e rural, "un dos nosos distintivos e grandes valores como motor para o desenvolvemento económico do noso territorio, da man da innovación tecnolóxica e do respecto ao medio".

O deputado puxo en valor o "boísimo momento" que está a vivir a Finca Mouriscade, propiedade da institución provincial, como "quinta mellor granxa de España en calidade xenética, pechando 2023 como o ano no que se venderon máis embrións en toda a súa historia ou abríndolle a finca á cidadanía cun programa de visitas guiadas". Ademais, Jorge Cubela lembrou a importancia de avanzar no reto demográfico para facer que a gandería "sexa un sector atractivo para as novas xeracións, implicando a mocidade no rural para facerlle ver que aquí hai futuro e que a precisamos para facerlle fronte ao despoboamento".

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.