A Deputación leva este domingo a Vilanova de Arousa a proxección do documental “Prefiro condenarme” no marco do Ciclo Mestre Mateo

A proxección do documental de Margarita Ledo terá lugar no Auditorio Valle Inclán ás 19:00 horas

30/10/2025

O Auditorio Valle Inclán de Vilanova de Arousa acolle este domingo 2 de novembro ás 19:00 horas a proxección do documental “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O documental “Prefiro condenarme” conta a historia das mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, cun ambiente familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos. Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica o desexo como lei non escrita, así como a igualdade coas de “arriba” ás que ninguén critica.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo desenvólvese tamén este ano en Marín, Mondariz e Salvaterra de Miño. Ademais de “Prefiro condenarme”, en Vilanova de Arousa no mes de outubro houbo proxeccións dos documentais “Aurora”, “Filmei paxaros voando” e “Salvaxe, salvaxe”, e das longametraxes “Xustiza artificial”, “Honeymoon”, “As Neves” e “+Cuñados”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.