A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca a oportunidade que supón para a provincia que a Ruta Quetzal sitúe a Vilanova como o seu campamento base

15/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá, xunto co deputado provincial Javier Tourís, na presentación da nova edición da Ruta Quetzal que situará en Vilanova de Arousa o seu campamento base e o punto de saída e retorno da expedición deste ano. “Trátase dunha grande oportunidade para a provincia –remarcou Sánchez- e dunha forma extraordinaria de poñernos no mapa e dar o valor que se merece a este territorio cun múltiples posibilidades”. Ademais, a vicepresidenta enxalzou que a través desta iniciativa “centos de mozos terán a oportunidade de coñecer diferentes lugares da nosa provincia, así como os acontecementos máis importantes vinculados á nosa historia e as nosas tradicións”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.