Luis López anuncia o reparto de máis de 100.000 euros entre 22 entidades xuvenís de 14 concellos da provincia no marco do Plan +Xuventude

As asociacións recibirán ata 5.000 euros para desenvolver proxectos relacionados co deporte, a cultura ou a natureza

29/08/2025

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de dar luz verde ao reparto de preto de 102.000 euros no marco do Plan +Xuventude, a primeira liña de achegas da entidade dirixida expresamente á mocidade. Nesta segunda convocatoria resultaron beneficiarias 22 entidades xuvenís de 14 concellos da provincia, que a Deputación apoia "para impulsar iniciativas de interese social e impulsar proxectos de interese social relacionadas coa cultura, o deporte, a música ou vencelladas á natureza".

Na contorna de Pontevedra reciben recursos colectivos de Barro (Asociación Cultura e Xuventude Barro, "Feito a man"; Asociación Cultural Colectivo Espazo 16, "Laboratorio da Paisaxe Baixo Miño"; e Asociación Musical Cultural Tirante, "Barosa Líquida", 5.000 € cada un), de Cerdedo-Cotobade (Sara Troitiño, "Camiñando pola natureza", 5.000 €) e de Pontevedra (Down Pontevedra, "Percorrendo a tradición", 5.000 €). Na comarca do Salnés, resultaron beneficiarias dúas asociacións de Vilagarcía de Arousa (Asociación Arousa Moza, "Obradoiros Semente de Futuro") e Vilanova de Arousa (Asociación Conecta Galicia, "Conecta + Xuventude") con 5.000 € cada unha.

No caso de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, os recursos do +Xuventude chegan á Estrada (Asociación Xuvenil Imaxe e Axuda, "Acción de noite", 5.000 €) e Silleda (Asociación Cultural Banda de Música de Silleda, "Campamento musical de verán", 4.750 €). Na comarca do Morrazo, resultou beneficiario un colectivo de Bueu (Asociación Recreativa e Cultural Marexada, "Centinelas da auga") que recibirá 5.000 €.

No sur da provincia, reciben recursos asociacións da Guarda (Érguete, "Non o deixes ao azar", 5.000 €), O Rosal (Agrupación Musical do Rosal, "Máis que música", 5.000 €), Salceda de Caselas (Asociación Xuvenil de Parderrubias Festas de Santo Amaro, "O legado dunha xeración", 4.873 €), Salvaterra de Miño (Asociación Non Damos Feito, "Galimpiadas", 4.666 €) e Tui (Banda de Música Popular de Tui, "Sons e Emocións: a cultura da mocidade", 4.399 €).

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.