LETRAS GALEGAS 2025
"Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas"
Contacontos
A Real Academia Galega dedícalle o Días das Letras galegas 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas tres das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Coa súa elección quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Co fin de divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a lingua, a Deputación ofrécelles aos concellos da provincia unha actividade de contacontos que, de xeito ameno e participativo, percorrerá a biografía destas mulleres baixo o título Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas.
Nesta actividade, que desenvolve Polo Correo do Vento, alternarase a narración sobre as cantareiras homenaxeadas este ano coa creación dun debuxo mural en directo e coa interpretación de pezas que cantaban estas mulleres ou algunhas propias da localidade onde se desenvolva esta acción, que rematará cun obradoiro de debuxo no que, seguindo as indicacións do ilustrador, o público asistente debuxará unha caricatura dunha pandeireteira.
| CONCELLO | DATA | LUGAR | HORA |
|---|---|---|---|
| Vila de cruces | 21/05/2025 | CEIP Nosa Señora da Piedade | 12:00 |
| Barro | 26/05/2025 | IES de Barro | 16:30 |
| Bueu | 28/05/2025 | Biblioteca municipal | 18:00 |
| Vilanova de Arousa | 06/06/2025 | Teatro Auditorio Valle-Inclán | 10:00 |
| Moaña | 11/06/2025 | EEI do Con | 12:30 |
| Cerdedo-Cotobade | 13/06/2025 | CEIP de Tenorio | 12:30 |
| Neves, As | 13/06/2025 | Auditorio José Gil | 17:00 |
| Tomiño | 13/06/2025 | Praza do Seixo | 19:00 |
| Catoira | 19/06/2025 | CPI de Progreso | 11:30 |
| Poio | 19/06/2025 | Parque de Ankar | 19:00 |
| Redondela | 20/06/2025 | Xardíns da Xunqueira | 19:00 |
| Mos | 21/06/2025 | Pazo de Mos | 18:30 |
| Salvaterra de Miño | 04/07/2025 | Casa da cultura | 10:00 |
| Ponteareas | 04/07/2025 | Parque da Perillana | 11:30 |
| Portas | 08/07/2025 | Praia fluvial do río Umia | 10:00 |
| Vilagarcía de Arousa | 08/07/2025 | CEIP A Lomba | 12:00 |
| Porriño, O | 09/07/2025 | Praza Arquitecto Antonio Palacios | 10:30 |
| Gondomar | 09/07/2025 | CEIP Chano Piñerio | 12:00 |
| Grove, O | 10/07/2025 | Casa da cultura Manuel Lueiro Rey | 11:30 |
| Rosal, O | 11/07/2025 | Auditorio municipal | 10:00 |
| Oia | 11/07/2025 | CEIP Mestre Manuel García | 12:00 |
| Cuntis | 11/07/2025 | Praza das Árbores | 19:00 |
| Pazos de Borbén | 13/07/2025 | Área recreativa do torreiro de festas de Nespereira | 19:00 |
| Mondariz | 13/07/2025 | Xardíns do Concello | 20:30 |
| Cambados | 15/07/2025 | Biblioteca Luís Rei | 11:30 |
| Meaño | 17/07/2025 | CEIP Coirón-Dena | 10:30 |
| Ribadumia | 17/07/2025 | Piscina municipal | 12:00 |
| Vilaboa | 22/07/2025 | CEP Plurilingüe de Riomaior | 10:00 |
| Moraña | 22/07/2025 | Edificio multiúsos | 12:00 |
| Lama, A | 23/07/2025 | Campo de Fútbol Municipal de Racelo | 11:00 |
| Ponte Caldelas | 23/07/2025 | Casa da cultura | 12:30 |
| Cangas | 24/07/2025 | Xardíns de Andrea | 20:00 |
| Soutomaior | 27/07/2025 | Carballeira do peirao de Arcade | 18:00 |
| Mondariz-Balneario | 29/07/2025 | Complexo Cemar | 11:00 |
| Pontecesures | 31/07/2025 | Prazuela | 12:00 |