#XUVENTUDE
Depoemprende
Fomento da cultura emprendedora no ámbito educativo
A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está impulsando en diferentes áreas, fomenta o desenvolvemento de proxectos que integran experiencias innovadoras nos centros educativos para promover a orientación profesional e o emprego.
De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
O Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, coa finalidade de promover no ámbito educativo dinámicas de traballo cooperativo que favorezan a adquisición de competencias e coñecementos vinculados á cultura emprendedora e ao espírito emprendedor, leva a cabo o programa "DepoEmprende", unha ferramenta de apoio para os centros educativos que, a través da metodoloxía por proxectos, pretende espertar o interese e a curiosidade do alumnado sobre a súa propia aprendizaxe, aumentar o seu desenvolvemento activo e promover relacións cooperativas e participativas como medio para mellorar o clima de convivencia nos centros.
Os diferentes proxectos que acolle o programa son
DepoEmprende na Escola
"DepoEmprende na escola" é un proxecto educativo dirixido aos centros de Educación Primaria (5.º e 6.º curso) e aos de Educación Especial, no cal o alumnado crea e xestiona unha cooperativa escolar, elabora produtos e organiza a súa venda en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes con fin de vender os que o alumnado elaborou e destinar unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.
De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
Obxectivo. A finalidade do proxecto é promover a cultura emprendedora nas comunidades educativas, apoiar a adquisición das competencias profesionais do alumnado e ofrecerlle recursos ao profesorado para a promoción do sentido da iniciativa e o espírito emprendedor a través dunha proposta de aprendizaxe por proxectos.
Metodoloxía. "DepoEmprende na escola" propón unha metodoloxía dinámica e participativa na cal o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe. Nesta iniciativa desenvólvense actividades prácticas que favorecen a aprendizaxe activa, cooperativa e significativa e implican a todos os axentes, ao tempo que se establece un traballo cooperativo entre alumnado, familias, profesorado, entidades e asociacións do contorno e a Deputación de Pontevedra.
Temporalización:. abarcará o curso escolar e dividirase en tres fases: autocoñecemento, creación e xestión da cooperativa e elaboración de produtos e venda destes.
Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as cales se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.
Para a formación do profesorado poderanse incluir accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.
DepoEmprende na ESO
"DepoEmprende na ESO" é un proxecto educativo que se dirixe ao alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria, preferentemente aquel que curse Iniciativa Emprendedora e Empresarial, Economía, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou materias similares.
De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
O proxecto desenvólvese a través da creación dunha cooperativa, na cal o alumnado distribúe produtos e pon en práctica capacidades de negociación, toma de decisións, comunicación e resolución de conflitos. A venda destes produtos lévase a cabo en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes co fin de vender os que o alumnado adquire e destinar unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.
Obxectivo. O obxectivo principal do proxecto é promover no alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria as competencias profesionais relacionadas coa autonomía, a iniciativa e o espírito emprendedor, á vez que se favorece a adquisición das competencias clave. O proxecto presenta unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos co fin de promover o desenvolvemento persoal e profesional, así como mellorar as habilidades e capacidades necesarias para favorecer a futura incorporación do alumnado ao mundo laboral.
Metodoloxía. A metodoloxía é dinámica e participativa, e nela o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe. Desenvólvense actividades prácticas que favorecen a aprendizaxe activa, cooperativa e significativa e nas cales se implica a todos os axentes.
Neste proxecto as novas tecnoloxías terán un papel fundamental como parte integrante do proceso de ensino e aprendizaxe co fin de que o alumnado as utilice de forma eficiente á hora de comunicarse con outras entidades e persoas para a distribución dos produtos. Desenvólvense diferentes accións dentro e fóra dos centros, a través das cales o alumnado relaciona o mundo educativo co empresarial e experimenta a consecución de logros a través do esforzo e do traballo en equipo.
Temporalización:. abarcará o curso escolar e dividirase en tres fases: autocoñecemento, creación e xestión da cooperativa e distribución de produtos.
Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as cales se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.
Para a formación do profesorado poderanse incluir accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.
DepoEmprende na FP
O proxecto "DepoEmprende na FP" diríxese aos centros educativos que imparten Formación Profesional de grao medio e grao superior.
O alumnado deseña e elabora un proxecto empresarial a través do asesoramento do seu profesorado e do equipo de profesionais que se pon á súa disposición desde a Deputación de Pontevedra.
De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
Obxectivo. A finalidade é promover no alumnado a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A través do proxecto preténdese que o alumnado participe de forma activa na vida económica, social e cultural do seu contorno cunha actitude crítica e responsable.
Metodoloxía. A metodoloxía proposta ten como obxectivo que un grupo de alumnas e alumnos estude e elabore un proxecto empresarial dun sector que, preferentemente, estea relacionado coa familia profesional do ciclo formativo que curse.
Desenvólvense diferentes accións dentro e fóra dos centros a través das cales o alumnado relaciona o mundo educativo co empresarial e experimenta a consecución de logros a través do esforzo e do traballo en equipo.
Temporalización:. abarcará o curso escolar para culminar cun acto público conxunto no cal o alumnado presentará os distintos proxectos empresariais.
Para a clausura do proxecto, se as circunstancias o permiten, organizarase unha actividade conxunta na que o alumnado participa e presenta as propostas elaboradas nos centros participantes durante o curso. Estas actividades pretenden espertar a inquietude emprendedora, motivar o alumnado na procura da calidade do seu proxecto, dar a coñecer as diferentes iniciativas e fomentar as habilidades comunicativas.
Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as que se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.
Para a formación do profesorado poderanse incluir accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.
Convocatorias
2025-2026
- Bases (BOPPO 07/07/2025)
- Extractos (BOPPO 07/07/2025)
- Tramitación en sede.depo.gal
2024-2025
- Bases (BOPPO 02/09/2024)
- Tramitación en sede.depo.gal
- RP de aprobación de centros educativos participantes
2023-2024
- Bases (BOPPO 15/06/2023)
- Tramitación en sede.depo.gal
- Preguntas frecuentes
2022-2023
- Preguntas frecuentes
- Bases (BOPPO 10/08/2022)
- Listaxe de centros educativos admitidos, suplentes e excluídos (BOPPO 06/02/2023)
- Tramitación en sede.depo.gal
2021-2022
- Bases (BOPPO 30/06/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal
- Lista definitiva de centros seleccionados, suplentes e excluídos (BOPPO 26/10/2021)
- Concesión de solicitudes e aceptación de renuncias (BOPPO 03/12/2021)
2020-2021
2019-2020
- Bases (BOPPO 31/05/2019)
- Preguntas frecuentes
- Aprobación das listas provisionais de los centros docentes admitidos/excluídos (BOPPO 20/09/2019)
- Resolución presidencial e listas provisionais dos centros docentes admitidos/excluidos (20/09/2019)
- Corrección de erros (BOPPO 23/09/2019)
- Aprobación da lista definitiva dos centros docentes admitidos/excluídos (BOPPO 14/10/2019)
- Cancelación do mercado conxunto (29/04/2020) BOPPO (30/04/2020)
2018-2019
- Bases (BOPPO 19/06/2018)
- Corrección de erros (BOPPO 09/07/2018)
- RP Aprobación listas provisionais (19/09/2018)
- Lista provisional de centros docentes (19/09/2018)
- RP Aprobación listas definitivas (11/10/2018)
- Lista definitiva centros docentes (11/10/2018)
2017-2018
- Bases (BOPPO 30/05/2017)
- Descrición do proxecto
- Convenio
Como resultado da convocatoria publicada o martes 30 de maio de 2017, dirixida aos centros docentes financiados con fondos públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación primaria e centros de educación especial da provincia de Pontevedra, obtívose a seguinte lista de centros educativos presentados e seleccionados:
- CEIP Plurilingüe Núm. 1 de Tui (Tui)
- CEE Príncipe Felipe (Pontevedra)
- CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
- CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados)
- CEP Plurilingüe Riomaior (Vilaboa)
- CEIP Laredo (Redondela)
- CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra)
- CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda (Redondela)
- CEIP García Barbón (Vigo)
- CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo)
- CEIP Plurilingüe Nantes (Sanxenxo)
- CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa)
- CPI de Cova Terreña (Baiona)
Cooperativas
Curso escolar 2022/2023
Participantes de "DepoEmprende na escola"
- CEE Pontevedra (Pontevedra)
- CEIP A Xunqueira Nº1 (Pontevedra)
- CEP Plurilingüe de Carballedo (Cercedo-Cotobade)
- CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
- CEE de Vilagarcía de Arousa
- CEE Plurilingüe de Tebra
- CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui (Tui)
- CPR Estudio (Nigrán)
- CEEPR Aceesca (O Porriño)
- CEE Saladino Cortizo (Vigo)
Participantes de "DepoEmprende na ESO"
- IES A Guía (Vigo)
- IES Illa de San Simón (Redondela)
- IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar)
- IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña)
- IES San Paio (Tui)
- IES Luis Seoane
Curso escolar 2021/2022
Participantes de "DepoEmprende na escola"
- CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados)
- CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra)
- CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
- CEIP Plurilingüe Ría de Vigo (Vigo)
- CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui (Tui)
- CEIP A Xunqueira Nº1 (Pontevedra)
- CEP Plurilingüe de Carballedo (Cercedo-Cotobade)
- CEIP Plurilingüe Souto-Donas (Gondomar)
- CEIP Enrique Barreiro (Cambados)
- CEE Pontevedra (Pontevedra)
- Aceesca (O Porriño)
- Colegio Estudio (Nigrán)
Participantes de "DepoEmprende na ESO"
- IES Illa de San Simón (Redondela)
- CPI do Toural (Vilaboa)
- IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña)
- Colegio Divino Salvador (Vigo)
- IES de Rodeira (Cangas)
- IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar)
- IES San Paio (Tui)
- IES Luís Seoane (Pontevedra)
Curso escolar 2020/2021
Participantes de "DepoEmprende na escola"
- CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
- CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra)
- CEE Pontevedra (Pontevedra)
- CEIP Plurilingüe Nº 1 (Tui)
- CEIP Serra-Vincios (Gondomar)
- CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
- CEIP A Xunqueira nº1 (Pontevedra)
- CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares (Vigo)
Participantes de "DepoEmprende na ESO"
- IES Manuel Garcia Barros (A Estrada)
- IES Plurilingüe a Paralaia (Moaña)
- IES Luis Seoane (Pontevedra)
- IES Illa de San Simón (Redondela)
- IES Illa de Ons (Bueu)
- IES de Rodeira (Cangas)
- CPI da Cañiza (A Cañiza)
Curso escolar 2019/2020
Participantes de "DepoEmprende na escola"
- CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra
- CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, Cambados
- CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, O Porriño
- CEE Pontevedra
- CEE Vilagarcía de Arousa
- CEIP Plurilingüe núm. 1, Tui
- CEIP Serra-Vincios, Gondomar
- CEIP A Xunqueira núm. 1, Pontevedra
- CPI Cova Terreña, Baiona
Participantes de "DepoEmprende na ESO"
- IES Illa de Ons, Bueu
- IES de Rodeira, Cangas
- IES Plurilingüe A Paralaia, Moaña
- IES Manuel García Barros, A Estrada
- IES Illa de San Simón, Redondela
- IES Luís Seoane, Pontevedra
- IES Indalecio Pérez Tizón, Tui
- IES Plurilingüe Terra de Turonio, Gondomar
Premios Demo Day
O obxectivo dos Premios Demo Day é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polo estudantado de formación profesional, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permita identificar e apoiar proxectos con potencial desenvolvemento
- 2024-2025
- Bases BOPPO 25/02/2025
- Extractos BOPPO 25/02/2025
- Tramitación en sede.depo.gal
- Lista de centros admitidos e excluídos (31/03/2025)
- Centros premiados (BOPPO 02/04/2025)
- 2023-2024
- Bases BOPPO 19/02/2024
- Extractos BOPPO 19/02/2024
- Tramitación en sede.depo.gal
- Lista de centros admitidos e excluídos (13/03/2024)
- Modificación da lista de centros admitidos e excluídos (20/03/2024)
- Centros premiados (25/03/2024)
- 2022-2023
- 2021-2022
- 2020-2021
- 2019-2020