Letras Galegas 2025
Instrumentos da Memoria
obradoiros escolares sobre a música de raíz
A Deputación de Pontevedra, desde o seu Servizo de Cultura e co gallo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral, programa dez obradoiros en colexios de dez concellos de reto demográfico da provincia que terán lugar no mes de maio.
A Fundación Legar é un referente na conservación e traballo coa música de raíz galega. Estas representacións musicais didácticas co alumnado de centros escolares de concellos rurais ou menos poboados da provincia de Pontevedra teñen o obxectivo de promover o interese pola nosa música de raíz. Dun xeito activo e participativo, realizarase un percorrido pola historia da nosa música de raíz, desde os instrumentos primixenios ata os máis comúns hoxe en día.
Calendario de obradoiros nos centros escolares:
- Luns 12 de maio, ás 9:30 h. CEIP Marquesa do Pazo Da Mercé, As Neves
- Luns 12 de maio, ás 12:00 h. CEIP Doutor Suárez, Fornelos de Montes
- Luns 12 de maio ás 15:00 h. CEIP Antonio Blanco Rodríguez, Covelo
- Martes 13 de maio ás 10:00 h. CEIP Pedro Antonio Cerviño, Campo Lameiro
- Martes 13 de maio ás 12:30 h. CEIP Plurilingüe de Tenorio, Cerdedo-Cotobade
- Mércores 14 de maio ás 9:35 h. CEIP Plurilungüe de San Roque (Corón), Vilanova de Arousa
- Mércores 14 de maio ás 12:30 h. CPI Domingo Fontán, Portas
- Xoves 15 de maio ás 9:30 h. CEIP Montemogos (Beluso), Bueu
- Luns 19 de maio ás 9:45 h. CEIP de Soutelo de Montes, Forcarei
- Luns 19 de maio ás 12:30 h. CEIP Ramón De Valenzuela (A Bandeira), Silleda