Luisa Sánchez salienta o carácter transversal do VIII Foro Empresarial de Empresarias de Galicia, cun programa que aborda os retos da economía, a saúde ou a conectividade
10/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso ao Emprego, Luisa Sánchez, participou na apertura do VIII Foro Empresarial de Empresarias Galicia, celebrado este mércores no Pazo de Bendoiro, en Lalín. Alí salientou a importancia de propiciar puntos de encontro nos que se dean cita empresas, administracións e profesionais de ámbitos diversos para compartir experiencias e analizar retos de futuro. Durante a súa intervención, Luisa Sánchez felicitou á organización pola consolidación do foro e puxo en valor un programa que aborda cuestións tan diversas como coa gobernanza institucional, a excelencia empresarial, a industria, a sanidade, a innovación e a conectividade. Neste sentido, sinalou que “as empresas non funcionan en compartimentos estancos” e que sectores como a economía, o turismo, a tecnoloxía, a saúde ou o emprego están interrelacionados.
