O Pleno da Deputación aproba o convenio para rehabilitar o Teatro Cine Fraga de Vigo cun investimento de 10,2M€ repartidos ao longo dos vindeiros catro anos

A colaboración entre o organismo provincial e a Consellería de Cultura saíu adiante cos votos favorables dos deputados do Grupo Popular, a abstención dos do BNG e o voto en contra do Grupo Socialista

28/11/2025

Luis López en rolda de prensa

O pleno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este martes o convenio de colaboración entre a Deputación e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para o proxecto de rehabilitación do Teatro Cine Fraga de Vigo. Por unanimidade recibiu luz verde o prazo para solicitar, executar e xustificar os proxectos da Liña 1 do Plan +Provincia do ano 2024. Unha sesión que serviu tamén para aprobar e o acordo coa UNED para realizar as tarefas de asistencia técnica no proxecto mellora da eficiencia enerxética da fachada do seu centro en Pontevedra. Tamén foi aprobada unha modificación de crédito para o desenvolvemento do programa “A.W.A.V.E.S” e o cambio de titularidade dun treito da estrada provincial EP-0203 entre Caritel e Anceu en favor do Concello de Ponte Caldelas. Do mesmo xeito, tamén saíu adiante a moción presentada polo Grupo Popular para esixir a dimisión da ministra de Igualdade polos fallos no funcionamento das pulseiras antimaltrato.

Co voto favorable dos deputados do Grupo Popular, a abstención dos do BNG e o voto en contra do Grupo Socialista, foi aprobado o convenio de colaboración entre a Deputación e a Consellería de Cultura para o desenvolvemento do proxecto de rehabilitación do Teatro Cine Fraga de Vigo. Un acordo que recolle un investimento plurianual por parte do organismo provincial dun total de 10,2 millóns de euros que se repartirán entre as anualidades do 2025 ao 2028 e servirán para cubrir os gastos relacionados coa licitación da redacción do proxecto, da execución e dos servizos de dirección de obra.

Outro acordo deste pleno ordinario correspondente ao mes de novembro foi a aprobación da prórroga do Plan +Provincia 2024 no tocante á Liña 1 de investimentos. Co apoio de todos os grupos, o acordo permitirá solicitar subvencións por cambios de finalidade ou reinvestimentos de baixas ata o 31 de maio do 2026, executar as obras ata o 30 de setembro de 2026 e xustificalas ata o 31 de outubro do 2026. Unha decisión que se tomou para atender as necesidades de moitos dos concellos da provincia que están a experimentar dificultades para superar distintos trámites administrativos dos proxectos beneficiarios das axudas deste plan da Deputación.

O convenio da Deputación coa UNED para prestar asistencia técnica na redacción do proxecto de mellora da eficiencia enerxética da fachada do seu centro en Pontevedra foi aprobado cos votos favorables de populares e socialistas, mentres que o BNG abstívose. A modificación de créditos por valor de 40.000 euros para dotar de financiamento ao proxecto europeo “A.W.A.V.E.S” para a posta en valor do patrimonio marítimo material e inmaterial recibiu luz verde por parte dos deputados do grupo popular e a abstención dos deputados dos outros dous grupos da corporación.

Tamén foi aprobada a moción presentada polo Grupo Popular para esixir a dimisión da ministra de Igualdade, Ana Redondo, polo mal funcionamento das pulseira antimaltrato, mentres que foron rexeitadas as mocións do Grupo Socialista para pedir máis recursos para a área de igualdade e a transferencia de titularidade en favor da Deputación de catro treitos de estradas municipais de Rodeiro, das que o Grupo Socialista rexeitou aceptar as emendas presentadas polos populares. 

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14043648,"groupId":"37861","name":"20251911_aprobacion_convenio_fraga_03.jpeg","alt":"Luisa Sánchez","title":"20251911_aprobacion_convenio_fraga_03.jpeg","type":"document","uuid":"68e2d8c6-8bf4-d12e-d648-02051367fe17","fileEntryId":"14043648","resourcePrimKey":"14043739"}

Luisa Sánchez anuncia que o pleno provincial aprobará este mes o convenio entre a Deputación e a Xunta para cofinanciar as obras de recuperación do Teatro Cine Fraga

  19/11/2025

{"classPK":13776954,"groupId":"37861","name":"20251510_primeiras_visitas_fraga_01_jphilippot.jpeg","alt":"A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto co conselleiro de Cultura, José López Campos","title":"20251510_primeiras_visitas_fraga_01_jphilippot.jpeg","type":"document","uuid":"2a23581b-2f88-33c6-f633-da2793ef137f","fileEntryId":"13776954","resourcePrimKey":"13772719"}

Luisa Sánchez valora a “excepcional resposta” da cidade para participar nas visitas guiadas como a “ratificación” de que Vigo avala a recuperación do Teatro Cine Fraga

  15/10/2025

{"classPK":13736270,"groupId":"37861","name":"20250810_visitas_guiadas_fraga_01_jphilippot.jpeg","alt":"Luisa Sánchez e José López Campos","title":"20250810_visitas_guiadas_fraga_01_jphilippot.jpeg","type":"document","uuid":"4e7261e7-a6c7-17e7-e2a4-e7087b190ffa","fileEntryId":"13736270","resourcePrimKey":"13736421"}

Luisa Sánchez anuncia que as visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga comezarán o 15 de outubro con tres quendas semanais e grupos reducidos para optimizar a experiencia

  08/10/2025