Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e a académica Fina Casalderrei

O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua

08/05/2024

Luis López  co presidente Víctor Freixanes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou os lazos que unen ao organismo provincial coa Real Academia Galega nun encontro institucional co presidente Víctor Freixanes; e a tesoureira, Fina Casalderrei. A reunión serviu para abordar asuntos de interese mutuo e coñecer os proxectos que a RAG ten en marcha e os seus principais retos de futuro.

Neste sentido, o presidente provincial informou aos dirixentes da Real Academia da vontade de seguir colaborando coa institución; unha senda que ten como obxectivo avanzar na protección e difusión do galego a través do apoio a diferentes proxectos, moitos deles centrados na toponimia e na onomástica, así como a dar a coñecer a obra de autores que destacaron polos seus traballos feitos en galego.

Ao mesmo tempo, o encontro serviu para remarcar a importancia que o goberno da Deputación de Pontevedra lle outorga á normalización lingüística a través de medidas como subvencións a entidades sen ánimo de lucro para promover publicacións en lingua galega.

Galerias de imaxes