Luis López e Rafa Domínguez participan en Pontevedra nunha marcha contra o cancro impulsada pola AECC
04/10/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez participaron este domingo na oitava edición da marcha contra o cancro que organiza cada ano a Asociación Española Contra o Cancro. Unha andaina que congregou a decenas de participantes, tanto veciños da cidade como representantes de administracións, institucións e colectivos; que percorreron toda a zona antiga de Pontevedra.