Luis López recibe os membros do comité provincial de Cruz Vermella, unha referencia para o benestar social na provincia

29/04/2026

Luis López recibe os membros do comité provincial de Cruz Vermella, unha referencia para o benestar social na provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantén un encontro no Pazo provincial co presidente do comité provincial de Cruz Vermella, Gonzalo Iglesias, e outros representantes dunha entidade fundamental para o benestar social na provincia. Un encontro de traballo que serviu para facer balance dos proxectos de colaboración en marcha entre ambas institucións, abordar asuntos de interese mutuo e explorar a posibilidade de abrir novas formas de cooperación.