Luisa Sánchez salienta a espectacularidade da 59ª edición do Rally Rías Baixas, unha proba “que enganchará tanto aos pilotos como ao público”

23/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou este martes no Salón Regio da sede do Real Club Celta na presentación da 59ª edición do Rally Rías Baixas, unha proba “emblemática” do automobilismo español. A representante provincial en Vigo puxo en valor o traballo organizativo que hai tras o evento e asegurou que esta edición ofrecerá “un gran espectáculo”, cun percorrido atractivo “que enganchará tanto aos pilotos como ao público”. Igualmente, recordou a visita realizada a pasada semana ao tramo de O Castro, onde puido coñecer de primeira man os detalles dunha competición que definiu como “parte do ADN deportivo de Vigo e de toda a provincia”. Luisa Sánchez reafirmou o compromiso da Deputación co motor, lembrando que a institución apoia probas consolidadas como esta e, ao mesmo tempo, impulsa ás novas promesas do automobilismo galego co programa +Talento Motor.

Galerias de imaxes