A Deputación reforza o seu apoio a Aspanaex financiando un vehículo para facilitar o seu labor social

04/10/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na 43ª edición da marcha solidaria organizada pola asociación Aspanaex, que volveu congregar centos de persoas. Antes da saída da andaina desde o parque de Castrelos, a representante provincial en Vigo reivindicou o papel de Aspanaex e recordou que a Deputación de Pontevedra apoia á asociación con múltiples liñas de axudas. Ao fío, Luisa Sánchez avanzou que este mesmo mes de outubro será entregado un vehículo subvencionado pola institución provincial para facilitar a actividade social da entidade. A xornada tamén contou con animación, xogos, zumba, un mercadiño e un sorteo con premios. Esta marcha ten como obxectivo principal dar visibilidade ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual, reivindicar os seus dereitos e recadar fondos para conseguir mellorar a súa calidade de vida.

Galerias de imaxes