Luisa Sánchez explica o programa Erasmus+ nunha entrevista televisiva no CIFP Audiovisual de Vigo
14/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores nunha entrevista televisiva no plató do CIFP Audiovisual de Vigo con motivo dos Erasmus Days. A responsable provincial explicou o funcionamento do programa Erasmus+ e animou ao alumnado a aproveitar esta oportunidade tamén desde o punto de vista persoal. A conversa compartiu protagonismo coas experiencias de alumnado que xa participou no programa e viaxou a distintos destinos europeos, así como coas achegas de persoal docente. Luisa Sánchez recalcou a importancia deste tipo de programas nos que “non só te formas profesionalmente, senón que te constrúes como persoa”. “Non deixedes que esta experiencia sexa unha máis; é única e tedes que vivila como tal”, engadiu.