Luisa Sánchez asiste á recepción oficial do RC Celta á Juventus antes do partido da UEFA Europa League
15/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu á recepción oficial organizada polo Real Club Celta de Vigo á Juventus FC de Turín nas horas previas ao encontro que enfrontará a ambos equipos na segunda xornada da UEFA Europa League 2026-27. No acto, os asistentes recordaron o último enfrontamento disputado entre os dous conxuntos en competición continental, en marzo do ano 2000, no que o conxunto vigués gañou 4-0 ao cadro italiano. Como é costume, a responsable provincial asinou no cartel oficial do partido.