A Deputación de Pontevedra pecha os castelos de Soutomaior e Sobroso polo temporal

Está previsto que se manteñan pechados ao longo da xornada de mañá debido á alerta laranxa derivada dos restos do furacán Kirk

08/10/2024

A Deputación de Pontevedra pechará durante este mércores os castelos de Soutomaior e Sobroso pola alerta laranxa derivada dos restos de furacán Kirk. Está previsto que os castelos permanezan pechados durante toda a xornada por precaución e para minimizar riscos, xa que o fenómeno meteorolóxico extremo prevé chegar a Galicia con ventos e chuvias moi fortes.

Tanto o Castelo de Soutomaior como o de Sobroso teñen abertas as súas portas ao público habitualmente entre o martes e o domingo. En Soutomaior as visitas teñen lugar entre as 10.00 e as 19.00 horas e en Sobroso entre as 10:00 e as 13:00 e as 15:00 e 18:00 horas.