Rafa Domínguez pon en valor a importancia do Camiño Portugués a Santiago no Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros

03/10/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, remarcou este sábado durante o Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros do Camiño Portugués a Santiago, organizado pola Asociación Europea dos Camiños de Santiago, a importancia desta vía cara Compostela. O vicepresidente provincial lembrou que o Camiño Portugués é o que máis está a medrar de todas as rutas cara Santiago de Compostela, un 17% este ano e un 341% nunha década.

Rafa Domínguez tamén puxo en valor “a hospitalidade da nosa xente” e sinalou a importancia do Camiño para a provincia de Pontevedra, “que non só nos axuda a posicionarnos como destino, senón que contribúe ao desenvolvemento económico de tantas familias e a custodiar un legado inmaterial, patrimonial e natural que fai da provincia de Pontevedra, das Rías Baixas, un auténtico paraíso”.

Galerias de imaxes