Luisa Sánchez asiste á sesión de regueifa en directo organizada por Évame Oroza para festexar as Letras Galegas

16/05/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde na sede da Asociación Évame Oroza, en Vigo, a unha sesión de regueifa en directo coa poeta regueifeira Branca Trigo, mestra do Obradoiro de improvisación Oral en verso do Centro de Interpretación da Oralidade en Vigo, que acompañada de Lita Martínez e Vento Chico, ofreceu unha mostra de regueifa participativa. A entidade puxo con esta actuación o broche de ouro ás actividades organizadas ao longo desta semana para celebrar o Día das Letras Galegas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.