A Deputación aproba a convocatoria do programa +Emprega en Centros Especiais de Emprego, dotada con 100.000 €, un 49% máis que o pasado ano

“Trátase dunha liña de axudas fundamental para nós, xa que permite promover a integración laboral das persoas con discapacidade e facilitar a súa inserción no mercado de traballo”, remarcou o presidente provincial Luis López

17/07/2026

A Deputación aproba a convocatoria do programa +Emprega en Centros Especiais de Emprego, dotada con 100.000 €, un 49% máis que o pasado ano

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno as bases reguladoras e a convocatoria dunha nova edición do programa +Emprega en Centros Especiais de Emprego, dotada con 100.000 €, un 49% máis que o pasado ano. Este programa, tal e como remarcou o presidente do organismo provincial Luis López, “trátase dunha liña de axudas fundamental para nós, xa que permite promover a integración laboral das persoas con discapacidade e facilitar a súa inserción no mercado de traballo” .

Luis López recordou que esta liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, achegará ata un máximo de 18.000 euros por entidade solicitante, que que cos recursos da Deputación poderanse subvencionar os custos salariais das unidades de apoio dos Centros Especiais de Emprego e do persoal que desenvolva accións de coordinación ou de dirección.

O pasado ano beneficiáronse de 67.000 destas achegas oito entidades pertencentes aos concellos da Guarda (San Jerónimo Emiliani), Nigrán (Juan María Empleo), Pontevedra (Asociación de Discapacitados Intelectuais Virgen de la O e Juan XXIII), O Porriño (Lume Emprego), Vigo (Grupo Sifu Galicia) e Vilagarcía de Arousa (BATA Servizos Integrais á Comunidade e Servilar 2018).

audios