#LetrasGalegas2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

FICHAS DIDÁCTICAS

O primeiro Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 1963, conmemoraba os cen anos do día en que a obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro saía da imprenta de Juan Compañel.


Desde entón, ano tras ano, a cultura galega homenaxea, coa perspectiva dos dez anos cumpridos do seu pasamento, unha figura destacada polo seu compromiso coa lingua galega na súa obra e pola súa exemplaridade na vida.

Este 17 de maio de 2026 chegamos a sesenta e tres personalidades distinguidas no Día das Letras Galegas. Velaquí tedes as fichas didácticas preparadas para coñecelas ou achegarse de novo a todas elas.