A Deputación avanza na ocupación do Polígono de Barro coa instalacións de dúas novas empresas

A Deputación avanza na ocupación do Polígono de Barro coa instalacións de dúas novas empresas

26/12/2025

Conferencia de prensa de Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres nun novo impulso á ocupación do Polígono de Barro, que “xa conta con 30 empresas que ocupan o 90% das parcelas, e xa só temos oito espazos libres”, sinalou o presidente provincial.

A Xunta de Goberno da Deputación deu luz verde á adxudicación de dúas novas parcelas, a E-05 e a E-06, á empresa Comercial Vehículos Industriales TARD S.L. por valor de máis de 540.000 euros. “Isto demostra que estamos a impulsar un polígono que xa é un dos grandes polos económicos da provincia e de Galicia, con empresas líderes”, asegurou Luis López.

Nestes momentos sitúanse no Polígono de Barro un total de 30 empresas: Hijos de Rivera, Froiz, Autocares Novas Rías, Mariscos Alumar, Estación de Servicio Low Cost, TC Group Atlántico, M&G Técnicos Servicios Globales Logísticos; Aricur, Balvalen, José Benito González Villaverde, Rafael Díaz Buceta, Frutas Moncho, Transfrío Rías Baixas, Acuña, Mafari Café, Docer, Tecfrisa, Gescogra, Gasóleos Rías Baixas, Carpas Pontevedra, EDF Solar, CAENOR, Bespi Inversiones, Gestión de recursos y maquinaria, Prosol Energía, Artesa Rías Baixas y Distribuciones Maroño e Hijos, Hierro y Metales Carballeda e Comercial Valquin. Tamén teñen espazo no Polígono instalacións da Deputación como o Viveiro de Empresas, o Centro de Apoio Empresarial ou o Parque de Maquinaria.

videos

audios