Luisa Sánchez inaugura a aula de cociña da Asociación Veciñal A Salgueira “Rosalía de Castro”

14/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, inaugurou este venres no local da Asociación Veciñal A Salgueira en Camiño Lourido, Vigo, a aula de cociña que recibiu achegas da institución provincial. “Estou encantada de poder comprobar, de primeira man, o resultado e utilidade dos fondos provinciais e máis tras ter recuperado a colaboración entre a Deputación e o tecido asociativo, que tanta importancia ten na nosa cidade, a través da área de Acción Comunitaria”, destacou a vicepresidenta. Sánchez recordou que “cando empezamos a gobernar no organismo provincial, no ano 2023, decidimos que era preciso recuperar a aposta polo asociacionismo e por devolver a primeira liña da acción política o traballo conxunto entre administracións públicas e tecido veciñal para construír conxuntamente un proxecto de futuro para esta provincia”. Neste eido enxalzou que “é unha marabilla poder comprobar como os recursos que destinamos ao movemento asociativo se transforman en realidades como esta, en proxectos que melloran colectivos e redundan na calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.

Galerias de imaxes