Luis López adianta que a Deputación investirá 450.000 € para que 1.540 nenas e nenos da provincia participen este verán no Campamento A Lanzada

As nenas e nenos nados entre o 2013 e 2018 poderán gozar dunha completa oferta de ocio na Lanzada, a través de 11 quendas de 7 días de duración entre o 21 de xuño e o 5 de setembro. O prazo de solicitude de prazas estará operativo entre o 2 e o 20 de marzo

30/01/2026

Luís López conferencia de prensa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases reguladoras do Campamento A Lanzada para o verán deste 2026. O presidente do organismo, Luis López, adiantou que a institución investirá 450.000 € para que 1.540 nenas e nenos da provincia participen este verán “nun dos nosos programas estrela”.

En liñas xerais, a Deputación de Pontevedra ofertará, tal e como explicou o presidente, 1.540 prazas para nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2018.  Destas prazas, 1.330 seguirán o procedemento xeral tendo que aboar 110 € por praza ou 80 € no caso de familias numerosas ou monoparentais. As 210 restantes resérvanse para menores en situación ou risco de exclusión e serán financiadas ao 100% polo organismo provincial.

Os campamentos terán lugar ao longo do verán a través de 11 quendas de 7 días de duración, de domingo a sábado, e desenvolveranse entre o 21 de xuño e o 5 de setembro (a falta de concretar a data de inicio do curso escolar 2026/2027). E, tal e como explicou o presidente, o prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de marzo e rematará o 20 dese mesmo mes.

videos

audios