A Deputación leva este domingo a obra Molto Barroco de Píscore a Caldas de Reis dentro do ciclo +Escénicas

O espectáculo está dirixido a todos os públicos e representarase no Auditorio Municipal ás 19:00 horas

12/03/2026

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 15 de marzo o circuíto +Escénicas ao Concello de Calas de Reis da man da compañía de teatro Píscore, que representará “Molto Barroco” no Auditorio Municipal ás 19:00 horas. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Molto Barroco” é un percorrido pola música barroca acompañado de escenas cómicas pensado para todos os públicos. O espectáculo está ambientado nunha corte real europea de mediados do século XVIII, habitada polo rei, a raíña, o bufón e un compositor que se reúne nunha pequena estancia con tres dos seus músicos para sacar adiante os encargos musicais do monarca.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril do pasado ano e este mes de marzo representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.