Luis López e Luisa Sánchez asisten en Vigo ao acto de conmemoración do 75 aniversario de Cofano
17/09/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asistiron este xoves ao acto de conmemoración do 75 aniversario que Cofano, a cooperativa farmacéutica líder en distribución farmacéutica, celebrou nas súas instalacións en Vigo. Coa súa participación nesta celebración que contou coa intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Deputación amosa o seu apoio e orgullo cunha entidade que líder no seu sector e un emblema de modernidade, innovación e atención en todo o territorio da provincia.
