Luisa Sánchez participa na clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Empresarial de Pontevedra
20/04/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns en Vigo á clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), conducida polo ilusionista Román García. O acto permitiu coñecer as actividades realizadas polo consello asesor da CEP durante os últimos meses. O director xeral de Quantum Markethink ofreceu o relatorio “IA, automatización e unha era de axentes autónomos” e delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, clausurou o acto.
