Luisa Sánchez visita a segunda edición do Market Vigo Centro e pon en valor a importancia de sumar sinerxías para o impulso do comercio local

07/03/2025

Luisa Sánchez na segunda edición do Market Vigo Centro

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de visitar a segunda edición do Market Vigo Centro, organizada pola asociación de comerciantes nas Galerías Durán da rúa Príncipe de Vigo, onde puxo en valor a importancia de sumar sinerxías para o impulso do comercio local. Esta actividade, Market Vigo Centro, terá lugar ata o domingo 9 de marzo coa participación de máis de 30 tendas de roupa, alimentación e, entre outras moitas, música.