A Deputación leva este sábado a Vilaboa o circuíto +Escénicas cunha comedia sobre a historia de Galicia

“A louca historia de Galicia”, de Fulano, Mengano e Citano, representarase ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Riomaior

25/12/2025

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 27 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Vilaboa da man da obra de teatro “A louca historia de Galicia”, a cargo de Fulano, Mengano e Citano. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“A louca historia de Galicia”, que se representará na Casa da Cultura de Riomaior ás 20:00 horas, trátase dunha peza para público mozo e adulto. É un percorrido, en clave de humor, a través da historia da comunidade que leva as e os espectadores por apaixonantes períodos de luz e de sombra, que, como destaca a compañía, fixeron dos galegos o que son, ou o que algúns pensan que son.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril deste ano e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.