A Deputación participa no minuto de silencio en rexeitamento ao asasinato machista no concello de Mos

02/02/2026

A deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Paula Bouzós, acompañada por membros do goberno provincial, asistiu este luns na Subdelegación do Goberno en Pontevedra ao minuto de silencio convocado en sinal de rexeitamento ao asasinato de M.B.F., de 52 anos, a mans da súa exparella onte no concello de Mos.